domingo, 17 de abril de 2016

O AUTISMO

Esta foi a nosa participación para celebrar o DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO.

25 de NOVEMBRO

Xa sabemos que o 25 de novembro quedou atrás. Na nosa aula falamos da VIOLENCIA DE XÉNERO  e da importancia desta data. Buscamos porqué escollemos o 25 de novembro para conmemorar o "Día contra a violencia de Xénero" fixemos poemas, investigamos, falamos do tema e aprendemos moitas moitas moitas cousas....






sábado, 16 de abril de 2016

COMPETICIÓNS EN BANDEIRA

Esta semana tócanos aos nenos e nenas de Bandeira recibir aos compañeiros de Prado, Vilatuxe e dos colexios de Silleda na nosa escola. Xa competimos a Fútbol Sala en Silleda e o pasamos en grande. Perdimos, gañamos, empatamos... houbo de todo para todos.
O mércores xogamos aquí a balonmán e baloncesto.
Non esquezades vir a animarnos!!!



miércoles, 13 de abril de 2016

O Autismo

O alumnado de 5º colaborou coa campaña para concienciar sobre o autismo, promovida por "Autismo España". Este ano levaba por lema "Inclusión, tolerancia y respeto", palabras que escritas nun testigo azul deberían pasar por todas as aulas. Para nós este termo era descoñecido e decidimos investigar e convertir o que aprendemos no noso testigo contándollo nas aulas a outros nenos e nenas.
Yago cóntanos aquí o que aprendemos.
Pronto colgaremos un vídeo coa experiencia.

GREEN PEACE

Despois de poder participar nunha conferencia de GREEN PEACE esta é a nova que Claudia nos preparou a todos e todas.
Xa temos unha pequena reporteira!!!


domingo, 3 de abril de 2016

O 2 DE ABRIL

Chega o 2 de abril. Temos dúas conmemoración moi importantes na escola;
O día internacional do libro infantil e xuvenil
O Día Mundial de concienciación sobre o AUTISMO
Os nenos e nenas de 5º prestamos a nosa axuda aos profes para elaborar os muráis. Aquí estamos traballando e ao final o resultado.